20 de mar. de 2012

A GUARDA

EXPOSICIÓN NO IES A SANGRIÑA

O PATRIMONIO MARÍTIMO DE GALICIA

Marisa Guerra / A Guarda

Ata o día 30 de marzo pódese visitar no IES A Sangriña a exposición cedida polo CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA (CEIDA).
Nas fotografías e textos, do historiador Dionisio Pereira, recóllese unha mostra das embarcacións e oficios tradicionais relacionados coa riqueza pesqueira das nosas costas. No percorrido que se fai por toda Galiza tamén ocupa o seu lugar a nosa vila: as gamelas guardesas, os estaleiros de Camposancos, a arte das redeiras, e tamén nomes, os cantos e a tradición oral relacionada co mar e coa pesca.
Está exposición está aberta e dispoñible para todas as persoas que desexen achegarse a vela. Recomendamos especialmente aos centros educativos da vila que se animen a visitala. As persoas que queiran ver a exposición poden chamar ao teléfono 986609015 para acordar hora de visita.
Para máis información podedes consultar a web do CEIDA.
Próximamente tamén teremos unha exposición de maquetas de embarcacións tradicionais da Guarda que están construíndo os alumnos e alumnas de 1º de ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario