
No día de onte, foi soterrado, FLORINDO ALVAREZ MARTINEZ, (Floro de Pancenteo), unha persoa que o longo da súa vida, participou activamente no movemento político e social da nosa comarca.
FLORO, un miñoto bó e xeneroso, que colaborou cas distintas Comisións de Festas, aportando diversos debuxos da súa autoría, así como tamén nas Plataformas que precisaban aportes artísticos para puxalos e conseguir fondos para as súas actividades, como foi a súa colaboura ca PLATAFORMA POLA PAZ DO BAIXO MIÑO, COMISION PRO FOSA COMUN, EXPOSICIONS COLECTIVAS DE ARTISTAS DO BAIXO MIÑO, e a través da Asociación de Veciños, Agrupación Cultural Guardesa, CC.OO., Agrupación Musical, etc.
Por elo, solicitamos UN MINUTO DE SILENCIO EN RECORDO E HOMENAXE A FLORO, en agrademento aos séus aportes desinteresados por desenvolvemento social e cultural dos pobos do Baixo Miño.
A Guarda, a 28 de Febreiro do 2.012
Beatriz Estevez Alvarez
Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA
No PLENO EXTRAORDINARIO do 28 DE FEBREIRO – ASUMIDO POR TODOLOS PARTIDOS-
Ningún comentario:
Publicar un comentario