
Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,
E X P ON:
A rúa Baixo Muro, é un vial moi singular dentro da vila guardesa, aquí non imos a entrar nas súas peculiaridades históricas.
A rúa do Baixo Miño, é unha das poucas rúas que para acceder a ela (entrar ou saír) faise necesario o uso de escaleiras, pero ademais, ollando o padrón de población, nesa zona, o número máis numeroso de veciños, é de persoas maiores, un por enfermedades, outros que pola súa idade teñen problemas físicos que dificultan a movilidade, e, específicamente, entre os séus residentes, hai varios veciños que precisan o uso de cadeira de rodas.
Creemos que é necesario e de Xustiza Social ofrecerlles aos residentes desta rúa unha opción que lles facilite o acceso a mesma, e non telos condenados a vivir os derradeiros anos da súa vida, pechados na vivenda,
Por todo elo, vimos a PRESENTAR para o séu debate e aprobación si procede a seguinte MOCION:
A Corporación Municipal de A Guarda, acorda:
a).- Instalar unha rampa de acceso dende a rúa Colón ao Baixo Muro (antiga porta da muralla) nas cercanías da Confraría; na que os séus elementos sexan desmontables, para non danar ese paramento histórico.
b).- As particularidades técnicas, como ángulos de xiro, anchos, elementos de construcción…deben axustarse o sinalado na Lei de Accesibilidade.
.
A Guarda, a 05 de Marzo do 2.012
Beatriz Estevez Alvarez
Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario