Limitará a velocidade a 90 km. en estradas de grande capacidade, a 30 en tramos urbáns, e instalaránsebadéns en travesías
O PROXECTO DA DEPUTACIÓN PARA REGULAR A VELOCIDADE EN ESTRADAS E INSTALAR BADÉNS EN TRAVESÍAS URBÁNS RECIBE O VISTO BÓ E A FELICITACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO
O proxecto da Deputación de Pontevedra para regular a velocidade máxima nas estradas provinciais e instalar dispositivos de calmado de tráfico (badéns) nas 385 estradas de titularidade provincial recibeu a felicitación da Dirección Xeral de Tráfico
O proxectofoille remitido, para ser informado, a Tráfico e á Xunta de Galicia.
A nova Ordenanza de Seguridade Viaria pretende aminorar os riscos de accidentes nas estradas de competencia da Deputación de Pontevedra e céntrase en dous aspectos, fundamentalmente.
O primeiro supón que a nova normativa establecerá uns límites específicos, en función da sección das estradas ou se se trata de tramos urbánsou travesías. Os límites van dende os 90 km. por hora nas estradas de maiorcapacidadeós 30 km. por hora en tramos urbanos.
O segundo aspecto é relativo á instalación de badéns, que serán colocados naqueles tramos de estradas que teñan a consideración de vía urbana ou de travesía, cumplindo as súasdimensións o establecido na Instrucción do Ministerio de Fomento.
A nova ordenanza da Deputación será consensuada _a iniciativa do presidente, Rafael Louzán_ coa Xunta, Tráfico e Fomento e, a tal fin, convocaráse en breve a Comisión Provincial de Seguridade Vial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario