
Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,
E X P O N:
Que de novo, a ameza de interrupción do tráfico fluvial A Guarda-Caminha, corre risco de ser suspendido, co silencio e a deixadez das autoridades das dúas márxenes do Miño.
Non queremos dar motivos de alarmismo, pero si non se toman medidas rápido, imos ter unha paralización de longo tempo, si de novo se pecha a canle de navegación, non vai ser porque non teña uso o ferri, senón que ninguén quixo oir a opinión dos coñecedores do río, xa que a tripulación do ferri alertou cales debían ser as zonas a dragar, o igual que fixeron algún pescadores veteranos, obtendo neses o desplante, o desdén ou a calada por resposta das autoridades (fundamentalmente, españolas) que nalgún momento por alí se acercaron para, aparentemente facer un seguimento das obras de dragado no canle de navegación.
Por certo, ¿Non hai cartos ou é tan alta a inversión de reposición das sinais luminosas, (seguramente son as lámpara fundidas) que indican o trazado do canle, que nestes momentos somentes ten unha en funcionamento, co correspondente perigo para os pescadores españois e portugueses que se adican a pesca da lamprea e faenan ou teñen que pasar por ese lugar. Menos mal que a natureza é boa con nos, e danos unha lúa con bastante intensidade qe amortigua os riscos dos gameleiros de ámbolos dóus países.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a facer pública esta situación, ca intención conseguir que as autoridades locais fagan as xestións pertinentes diante de quen corresponda para que se arranxen os problemas de Nantes de que se agrave a situación e as consecuencias sexan irreversibles.
A Guarda, a 18 de febreiro do 2.012
Beatriz Estevez Alvarez
Concelleira-Portavoz
Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario