3 medallas para o San Xerome, no Campionato galego de campo a través
José Carlos González Blanco / A Guarda
Coa participación de 12 Clubes deportivos de toda Galicia, tivo lugar hoxe mércores 29 de febreiro no Parque de Castrelos de Vigo o Campionato Galego de campo a través, organizado pola Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual (FEGADDI).
Iniciouse o Campionato coas probas adaptadas, nas que Rosa María obtivo o cuarto posto da Categoría de xogo feminina.
A representación do San Xerome na Categoría de competición, foi sobresaínte: Borja Cadilla foi terceiro na categoría masculina (Fran Carrera, do Club San Rafael é o novo Campión galego); Maite Santos e Amparo Ferreira, segundas e terceiras respectivamente na categoría feminina, na que Sonia García do Club Racing de Chapela conseguiu o primeiro posto.. Javi Vieira, lesionado, acadou un meritorio octavo posto.
Noraboa os integrantes (deportistas e adestradores) da sección de atletismo do Club San Xerome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario