
"8 DE MARZO DE 2012: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA"
O Día da muller traballadora se celebra dende hai máis dun século, pero aínda non desapareceu do calendario e seguen existindo moitos motivos para conmemoralo, motivos de intensidade e características distintas segundo a cultura onde vivamos.
A muller, como persoa humana non é máis nin menos que o home. Ambos os dous teñen iguais dereitos e obrigas, non obstante, por múltiples razóns sociais, culturais ou relixiosas, na realidade as mulleres foron sempre e seguen sendo agora vítimas de diversas e odiosas discriminacións.
O feito mesmo de que se celebre un día especialmente dedicado á muller, significa que ela, en termos xerais, continúa sendo discriminada e oprimida de diversas formas, a pesar do moito que se avanzou na aplicación de leis contra a desigualdade e dos cambios positivos de conduta social e individual.
Hoxe, podemos sinalar, ao estilo de Octavio Paz, que a mellor medida do avance, progreso e modernidade dos pobos, non se determina unicamente polo grao de desenvolvemento científico ou tecnolóxico, senón mais ben pola capacidade critica e autocrítica dos seus habitantes; así como pola libertad,igualdad e dereitos humanos que se lle recoñezan ás mulleres; isto é, no acceso ás oportunidades de traballo, de creación intelectual e artística, de participación política e intervención nos asuntos do poder, etc.
En realidade, só na medida que diminúan, ata desaparecer, as discriminacións de xénero e sexo, non haberá un verdadeiro e total recoñecemento á dignidade humana da muller para que a humanidade no seu conxunto poida finalmente gozar da plena liberdade que lle corresponde.
O obxectivo de aproveitar o extraordinario potencial que representan as mulleres para dar un novo impulso ao modelo económico debería ser tido moi en conta, xa que cada muller que decide traballar, ben por conta allea ou propia, non só achega á nosa realidade económica un compoñente medible en termos cuantitativos, senón tamén cualitativos, na medida que ofrece unha visión distinta e complementaria á dos varóns, o que axúdanos a diversificar e enriquecer a nosa realidade cotiá.
As mulleres non só son necesarias, senón imprescindibles. Por iso levamos anos pedindo que se cree un marco favorable que, dende o deseño de políticas transversais, nos permita desenvolver as nosas capacidades laborais e emprendedoras, que son moitas. Pero a creación deste marco sería sen sentido se ademais non se tivese o firme compromiso e convicción de levalo á práctica.
Os axentes sociais e económicos deben convencerse dunha vez por todas que é necesaria unha maior presenza do colectivo feminino nos procesos de negociación colectiva e nos órganos de representación empresarial.
Pois só así, concedendo ás mulleres o protagonismo que merecen, dándolles a voz que lles corresponde, será posible coñecer en primeira persoa as súas necesidades, as súas demandas e as súas aspiracións para ofrecerlles a resposta conveniente e non desaproveitar nin un ápice da súa extraordinaria capacidade creativa e a súa óptica distinta á dos homes.
Dende esta asociación, consideramos que o modo máis propicio para celebrar o día internacional da muller traballadora é que dende cada concello se mostre e demostre a vontade real de concretar accións que senten as bases para que a igualdade das mulleres en todos os ámbitos sexa unha realidade tanxible.
Por iso solicitamos:
- Realizar e controlar a execución de políticas de emprego municipais que erradiquen a segregación laboral.
- Implantar máis campañas educativas tendentes á concienciación entre os mozos, en colaboración con todos os centros de estudo do concello.
- Coordinar con todas as asociacións e colectivos sociais locais programas onde a igualdade e a corresponsabilidade sexan fomentados.
- Favorecer o acceso e a imaxe pública das mulleres mediante a súa participación nos asuntos públicos.
-Coordinar accións e programas de apoio a saúde integral da muller con asociacións de mulleres locais.
-Propiciar que o accionar dos CIM se realice de modo coordinado coas asociacións de mulleres locais, e deixen de funcionar dun modo asistencialista e pouco activo.
-Dinamizar de modo real accionar conxunto de cada concellaría da muller cos grupos e asociacións de cada concello.
Loitemos xuntos para que a frase Clara Campoamor sexa unha realidade “Traballei para que neste país os homes encontren as mulleres en todas as partes e non só onde eles vaian buscalas. “
Mª Claudia Vicente Franco
Rep. Area da Muller
Ningún comentario:
Publicar un comentario