29 de feb. de 2012

A GUARDA

FORO PARTICIPATIVO


Agnés Varda

Esquerda Unida organiza o foro participativo o día 16 de marzo ás 20:00 horas no Centro Cultural da Guarda.

Proxectarase o documental "Os espigadores e a espigadora" de Agnés Varda, cunha duración de 82 min.

En forma de reportaxe xornalística, conta a historia de personaxes que viven do que a sociedade desaproveita.

É unha película de gran sensibilidade, con diferentes historias que contan os seus protagonistas, cargando con refugallos agrícolas ou trastes vellos, mantén a atención con ata toques de humor. Tamén demostra que os residuos poden ser os protagonistas da imaxinación e a arte de persoas que saben dar novas utilidades ao que a maioría rexeitamos. Un espectáculo fílmico sen desperdicio algún.

Esperamos vervos e intercambiar convosco opinións no debate, que nos enriquecerán a todos.

Invitámosvos a que participedes e difundades este acto, invitando aos vosos coñecidos e amigos.

Gabriela Ladrero.




Ningún comentario:

Publicar un comentario