28 de xan. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN SOBOR DO ESTADO RUINOSO E DE PERIGO PARA OS VIANDANTES, DE UN INMOBLE SITO NA RÚA ALCALDE BRASILINO ÁLVAREZ SOBRINO



Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,


E X P O N:

Que dende fai algún tempo, veciños e transeúntes da rúa Alcalde Brasilino Alvarez, veñen amosando a súa preocupación pola situación que se está dando co estado de abandono das vivendas donde estivo instalado durante moitos anos o Pub “Tecla´s” e a peluquería lindeira, xa que o teito de ditas vivendas se víu abaixo, e das súas fachadas cada pouco tempo se desprenden cascallos.

O cableado eléctrico, cada vez está máis cerca do chán, e é un risco grave, xa que está accesible de que calquera poida tirar toda a instalación pola beirarrúa, a cal está invadida por un poste de madeira que puxeron no séu momento de xeito provisional e xa leva uns anos entorpecendo o libre paso dos transeúntes.

Dado que pola información que existe é moi posible que non se leven a cabo as obras de construcción que alí tiña planificado o promotor.

Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a SOLICITAR que por parte da ALCALDÍA, se proceda a dar as órdenes oportunas ao Departamento de Urbanísmo, a fin de que se de inicio o Procedemento de Estado Ruinoso, e se obrigue a eliminar todos aqueles elementos que poidan provocar peligro para a integridade das persoas e vehículos que por alí transitan.

A Guarda, a 27 de xaneiro do 2.012

Beatriz Estevez Alvarez


Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario