28 de xan. de 2012

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA PERIGOSIDADE DALGUNHAS FAROLAS DO ALUMEADO PÚBLICO


Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

EXPÓN:

Que durante estes días en que o vento soplou cun regular intensidade, en varios puntos da nosa localidade poido acontecer algunha desgracia, dado que co paso do tempo, a salitre e o óxido, teñen carcomido unha boa parte do material ferroso co que están construidas moitas das farolas que están instaladas no noso pobo.

Concretamente, fai poucas datas, víuse abaixo a “coroa” dunha das farolas existentes no adro da igrexa parroquial de A Guarda o que pudo dar un bo disgusto, se no momento da caída chega a pasar algún veciño polo lugar.

Así mesmo, nalgunhas rúas pódese observar como farolas é brazos de alumeado, están dobladas, torcidas ou únicamente suxeitas polo cableado.

Por todo elo, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar que se proceda a facer unha revisión xeral das instalación eléctricas existentes no noso pobo, a fin de garantir o séu anclaxe e seguridade dos mesmos.

A Guarda, a 27 de xaneiro do 2.012

Beatriz Estevez Alvarez

Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario