O BNG denuncia que o Concello da Guarda non terá orzamentos aprobados para o ano 2012
“A ausencia de orzamentos para o ano 2012 é o resultado da falta de proxecto político e da incompetencia do goberno municipal do PSOE”

Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Concello da Guarda comezará o ano 2012 sen orzamentos para o seu funcionamento. A día de hoxe, non está convocada a Comisión de Asuntos Económicos que debera emitir un ditame para logo levar a súa aprobacións a pleno. Entre a convocatoria da comisión e a convocatoria dun pleno extraordinario para a súa aprobación, o Concello da Guarda comezará o ano 2012 sen orzamentos.
“É un feito significativo do funcionamento do grupo de goberno e a súa incapacidade, dado que durante a pasada lexislatura o Sr. Alcalde, X.M. Freitas, e o seu equipo foron incapaces de presentar un orzamento a tempo” sinalou Xan Lois Lomba, portavoz do BNG.
A ausencia de orzamentos é o resultado da falta de proxecto político e da incompetencia do grupo de goberno do PSOE, que con esta situación imposibilita adaptar os orzamentos á realidade existente, tendo que acudir a prórroga dos anteriores, tal e como veñen facendo nos últimos anos.
A falta duns orzamentos fai imposíbel incluír novos proxectos e tampouco a adaptación das partidas á realidade existente e afectando ao funcionamento do concello.
Dende o BNG vese con preocupación unha situación que se repite ano tras ano, froito da incompetencia do Alcalde da Guarda e da súa Concelleira de Facenda, Montse Magallanes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario