12 de dec. de 2011

A GUARDA

O BNG denuncia a situación de abandono das instalacións de gas propano na urbanización do Castelo de Sta. Cruz

“O BNG esixe ao goberno municipal que tome as medidas oportunas para que se realice o mantenemento, conservación e vixianza destas instalacións”

Aspecto que presentan ás instalacións, con maleza e preto de vivendas


Estado da rede da instalación e tomas de carga


Reportaxe fotográfica: BNG


Infogauda / A Guarda


O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no rexistro do concello amosando a súa preocupación polo estado de abandono das instalacións de GLP localizadas na urbanización “Castelo de Sta. Cruz”. Ditas instalacións contan con dous depósitos de preto de 100.000 kg de gas propano.
O BNG esixe ao goberno municipal que tome as medidas oportunas para que se realice o mantenemento, conservación e vixianza destas instalacións.
Segundo os nacionalistas existe un incumprimento flagrante de todo tipo de medidas de seguridade coas que deben contar este tipo de instalacións.

Imaxe do cadro coas especificacións dos equipos i elementos complementarios cos cales debe contar á estación de almacenamento de G.L.P., segundo á lexislación vixente


Entre outras deficiencias, obsérvase que a rede que rodea e ailla a instalación está rota permitindo o aceso aos depósitos de calquera que así o desexe. Segundo o cartel informativo que aparece na porta, debería haber dous extintores de 12 kg e dous de 25 kg, podendo comprobar que soamente existe un. Outra das graves deficiencias atopadas é o forzamento das tubarías de carga dos combustíbel co perigo que iso conleva.
Segundo o BNG, estas instalacións deberían estar limpas de maleza e arboreda dado que constitúen un material combustíbel ante calquer tipo de incidencia. Esta limpeza debera ampliarse máis aló das propias instalacións, estabelecendo, así, un perímetro de seguridade que evite a presenza de calquera tipo de material combustíbel na zona tratándose de depósito de gas propano.



Na imaxe pódese ollar un can merodeando dentro das instalacións e canalizacións de GLP da urbanización "Castelo de Santa Cruz"


Para o BNG resulta preocupante a existencia un transformador de electricidade á carón dos depósitos, co cal debérase de extremar, máis se cabe, as medidas de seguridade.
“Tendo en conta a dimensión dos depósitos de GLP, preto dos 100.000 kg de propano, como a súa localización, a carón de vivendas, entendemos que ten que existir un especial coidado tanto no seu mantenemento como vixianza”, afirma Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
Xan Lois lembra que no ano 2.006, en pleno proceso de instalación destes depósitos de GLP, o BNG amosou a súa preocupación aos técnicos municipais sobre a instalación desta infraestrutura, tanto pola dimensión dos depósitos como pola cercanía ás vivendas, expoñendo moitas dúbidas sobre a idoneidade do lugar onde están hoxe en día localizados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario