11 de dec. de 2011

COÑECENDO O NOSO PAÍS

A MEMORIA MATERIAL DO COUREL




Reportaxe fotográfica e texto: Santiago Baz Lomba


A memoria material da Serra do Courel.

O único Museo Etnográfico existente no Municipio de Folgoso do Courel atópase na aldea Castro de Vilar, pertenecente a parroquia de Vilamor, no domicilio de Xoán Sanchez Rodriguez, coñecido popularmente por "Xan de Vilar".

Dende fai 12 anos expón ao público a súa vasta colección persoal, de ferramentas e utensilios tradicionais, reunida pola súa propia iniciativa, que permite coñecer con detalle como se desenrolaba ata fai poucos anos a vida cotiá na Serra do Courel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario