XXV SEMANA CULTURAL DE PEDORNES
Informa: Manuel A. Pombal / Pedornes
Resumo do luns día 14:
O Taller de realización de nós contou coa participación de 11 persoas. Inicialmente, ninguén se decidía, pero logo a cousa foise animando. Iniciouse o taller empatando amocelos e rematouse facendo cada quen os nós que quixo, ben seguindo os consellos dos mariñeiros ou ben unha guía para facer nós da organización. Para a súa confección utilizouse tanza ademais de cordas e cordeis reciclados; é dicir, que foron recollidos pola costa Baixomiñota para seren utilizados de novo. Tamén se usaron restos dos paus das boias e cortizas para confeccionar algúns dos nós que tradicionalmente usan os mariñeiros.
De seguido realizouse o campionato de Tenis de mesa no que participaron un total de 22 persoas. Como había bastantes participantes e con idades moi diferentes, a organización decidiu establecer dúas categorías: unha para aqueles con idades inferiores a 17 anos (8 participantes), e outra para aqueles con 17 anos ou mais (18 participantes). Tanto as semifinais como a final dos maiores estiveron ben reñidas.
Programa do martes día 15:
A programación do martes comeza ás 17.00 h coa actividade “Modelaxe con barro e plastilina” para os mais cativos. A iso das 19.30 h comezará o campionato de Tute por parellas. Ademais, haberá xogos, proxeccións, etc. etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario