26 de nov. de 2011

A GUARDA

O PROGRAMA ZIG ZAG DA TVG2, EMITIRÁ O VINDEIRO LUNS UNHA ENTREVISTA CO POETA FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI



Infogauda / A Guarda


O vindeiro luns día 28 de novembro, ás 16:30 h, no programa Zig Zag da TVG2, emitirase unha entrevista o poeta guardés Francisco Álvarez Álvarez (Koki).

Francisco Álvarez - Koki (A Estivada - A Guarda, 1957), reside en New York desde 1984, e conta con unha ampla producción literaria, nomeadamente poesía en galego i en castelán.

Ten publicado en galego: Lexanías (1980), edición do autor. Maruxía (1989) edita concello de Tomiño; Máis aló de Fisterre (1991), edición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, (segunda edición, 2000, Deputación de Pontevedra.)
En castelán: Poemas del verbo amar (1981) edición do autor; Soliloquios del silencio (1982) edición do autor; Para el amor pido la palabra (1987) Madrid, editorial Betania, (2ª edición,1990, Editorial Lumen, Argentina); Sombra de luna (1990), Ediciones Moria (Nueva York); Desde la otra orilla (1994) edición do Concello de Tomiño; Entre dos aguas (1995), editorial Latino Press; Entre tu cuerpo y mi cuerpo (1996), Concello de A Guarda e Tomiño (2ª edición, 1997, Concello da Guarda); Nova Iorque en nove poetas (antoloxía) (1999) Casa da Cultura de Ecuador; Al Fin Del Siglo (2000), Ollantay Press New York; Doce poetas entre rañaceus (2000), Casa da cultura de Ecuador (antoloxía); Miradas de Nova Iork (2000), Editorial El Vigia Granada (antoloxía). Para Abril e amantes (2003), colección Tambo, Deputación Provincial; Seis narradores en Nueva York (2006) Ediciones Dauro Granada. Entre tu cuerpo y mi cuerpo (2007) (antoloxía amorosa), edición da Deputación Provincial; Ratas en Manhattan (2007), Sotelo Blanco edicions.
Ten sido antologado en distintas antoloxías e colabora en xornais de literatura de España Portugal e Latinoamérica.

Fai unhas semanas Álvarez - Koki presentou no Centro Cultural e Social de A Guarda, a reedición do seu libro de poemas Maruxía, acto no que participaron, entre outras persoalidades, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo e o pintor Antón Sobral, autor da portada dese libro, editado pola Deputación de Pontevedra, na colección Cies, de Poesía.

Compre salientar que o Zig Zag sumará dous anos de historia en xaneiro de 2012. Este referente para a cultura galega recolle todas as iniciativas artísticas que xurden en Galicia.
Zig Zag emítese de luns a venres na Tvg2 ás 16:30 h. e ás 21 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario