A SOCIEDADE RECREATIVA E CULTURAL DE SAN MIGUEL PROMOVE UNHAS XORNADAS TÉCNICAS
ESTÁN ENMARCADAS DENTRO DA FESTA DA VENDIMIA, 2011
informa: Jorge Cardoso Mariño, Vicepresidente da SRC San Miguel e coordinador da Festa da Vendimia
A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel (O Rosal) realizará dentro da semana da Festa da Vendimia 2011 unha xornadas técnicas os días 29 e 30 de septembro.
O dia 29 no local da entidade terá lugar unha charla polo profesor historiador da USC D. Xabier Castro o cual fixo traballos de investigación sobre historia social centrados na temática da emigración e a historia da alimentación e da sociabilidade. Dirixe tamén un proxecto de investigación sobre a historia da alimentación en Galicia subvencionado pola Xunta de Galicia. Entre as suas principais publicacións destacan os libros: O galeguismo na encrucillada republicana (1985), 2 vols. e A lume manso. Historia social da alimentación en Galicia, Editorial Galaxia, Vigo, 1998. Ayunos y yantares. Usos y costumbres en la historia de la alimentación, Editorial Nivola, Madrid, 2001. A rosa do viño, Editorial Galaxia, Vigo, 2010, o cual nos falará sobre a historia da vendimia en Galicia unha charla que será acompañada dos viños que colaboran coa Festa de Vendimia.
O venres dia 30 terá lugar una Cata de Viños Galegos con Maridaxe dos productos da zoa como grelos, pementos tipo Padrón, peixe espada e solla do Río Miño a cal estará dirixida por Mercedes Gonzale presidenta de Asociación de Sumilliers "Galaecia" . Para acceder a cata deberán de contactar no telefono 672 085 534 e o seu precio será 25€ e os viños a catar serán os seguintes:
D.O. RIAS BAIXAS BLANCOS (Rosal)
AFORADO
ALTOS DE TORONA
DAVILA
LAR DE VIEIRA
QUINTA DE COUSELO
SANTIAGO RUIZ
SEÑORÍO DA TORRE
TERRAS GAUDA
TOLLODOURO
TINTOS
A COSTIÑA (D.O. Valdeorras)
QUINTA DE COUSELO (D. O. Rías Baixas)
SEÑORÍO DE RUBIÓS carbónico (D. O. Rías Baixas)
SEÑORÍO DE RUBIÓS Souson (D. O. Rías Baixas)
VALMIÑOR (D. O. Rías Baixas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario