NACEMENTO NA COMARCA: TRES EN UN

Fai uns días chegoume a información de que durante o verán, algunhas terrazas contaron coa presenza de xente do PP, achegados do PP, ex-bloqueiros, ex izquierda unida, ex PC, ex Galeguistas,...,e outras persoas sen afiliación, as que, non soamente tomaron cervexas e café, senón que mantiveron reunións distendidas en reiteradas ocasións e nas que máis tarde aparecía algún cargo electo, algúns papeis, etc..
A información, debo confesar, tomoume por sorpresa, eu viunos, pero estaba nesas ocasións tan atareado picando e picando para abastecerme cara ao inverno, que non reparara na cuestión. Máis tarde sobrevoei por outras zonas de concellos veciños e falando cuns e escoitando a outros, descubrín que a información era certa.
Finalmente con data 26 de setembro viña a este mundo unha nova asociación Asociación Veciñal pro Unificación Municipal: Concello da Foz do Miño, un bebé chegaba a esta comarca coa idea de plasmar un desexo de moitos, unificar nun só os concellos do Rosal , Oia e A Guarda.
Para celebrar, reuníronse nun restaurante do porto a tomar uns viños, lugar onde outros mosquitos que estaban presentes corroboráronme a noticia.
Na miña modesta opinión serían moitos os beneficios para todos os concellos membros desta unión, uns potenciarían e complementarían aos outros, por exemplo, a viabilidade de facer un polígono industrial en condicións e rendible estaría máis próxima, teríamos maior peso comarcal na toma de decisións, á hora de pedir axudas, etc...
Pero veñen á miña mente cuestiones quizais banais para moitos, entre eles para o meu mesmo, que puidesen, se non son tratadas adecuadamente, abrir brechas ou xerar malentendidos e discusións.
Por exemplo, onde estaría a Casa Consistorial? Cal sería o escudo ou a bandeira do novo concello? Como estaríamos rexidos administrativamente falando? Como serían as eleccións dos cargos políticos? Como sería a proporcionalidade representativa no novo concello? Como funcionaría a policía local e o xulgado de paz? Non estarían en inferioridade de condicións no momento electoral os pequenos partidos? Como se organizarían as concellarías? Etc., etc.
Un sen fin de cuestións que haberá que determinar, organizar, consensuar e divulgar entre os cidadáns.
Pero a pesar de todo o traballo que iso representa a futuro, o meu parabén polo recente alumeamento, iso si, recordar que como en todos os casos, o nacemento en si mesmo é algo difícil, pero sempre o traballo máis difícil vén despois, o educar e traballar co recentemente nacido adecuadamente e de modo coherente, tendo en claro que o fín último da cuestión é que sexa de proveito e feliz.

MOSQUITO CAPÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario