30 de set. de 2011

O ROSAL

ROMARÍA DE SAN FRANCISCO

Marzán, 1 e 2 de outubro


Infogauda / O Rosal




Os veciños da Xuradía de Marzán (O Rosal), celebran esta fin de semana a Romaría de San Francisco. O programa festeiro non pode escomenzar mellor: Con unha gran churrascada e bacallau á brasa, que escomenzará hoxe ás 18:00 h.. O evento festivo-gastronómico será amenizado polo Grupo de Concertinas Barrigas, de Gondarem (Portugal).


O domingo, ás 11:30 h., na ermida de Marzán, haberá unha celebración eucarística cantada pola Coral Ecos do Folón, de Fornelos (O Rosal). O remate da misa, sairá á procesión, que contará coa participación do Grupos de Gaitas Os Pelouros, de A Guarda.


Deseguido terá lugar unha poxa de productos típicos do Val do Rosal , que rematará con unha potente tirada de foguetes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario