5 de ago. de 2011

PONTEVEDRA



A DEPUTACIÓN MANIFESTA AS SÚAS CONDOLENCIAS POLO PASAMENTO DE FERNANDO GARCIA DEL VALLE, PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN ENTRE 1986 E 1987



Infogauda / Pontevedra






O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou hoxe no transcurso do Pleno da Corporación Provincial o seu máis sentido pésame polo pasamento de Fernando García del Valle, que foi presidente desta institución durante os anos 1986-1987. Del Valle tiña 81 anos de idade.
Louzán sumouse ó dolor da súa familia á que lle “queremos manifestar as nosas condolencias e lamentando a enorme perda que supón o seu falecemento”.
García del Valle desenvolveu un intenso traballo na Deputación onde compre salientar o seu traballo en prol da provincia de Pontevedra, especialmente no relativo ó impulso que lle conferíu ó Padroado de Turismo Rías Baixas, como dinamizador económico de Pontevedra. De feito este home destacou polo seu espírito emprendedor e visión de futuro.
Histórico de presidentes
1979-1983:
Federico Cifuentes Pérez (UCD)
1983-1986:
Mariano Rajoy Brey (AP)
1986-1987:
Fernando García del Valle (AP)
1987-1990:
Xosé Cuíña Crespo (PP)
1990-1995:
César José Mera Rodríguez (PP)
1995-2003:
Manuel Abeledo López (PP)
Desde 2003:
Rafael Louzán Abal (PP)

Ningún comentario:

Publicar un comentario