MOVEMENTO 26A: Operación 7 TAZAS
O día 26 de agosto as 11 da mañá TODOS CON CÁMARA para gravar o pleno. Non queres caldo, 7 TAZAS.
Como vén sendo habitual desde esta nova lexislatura, Miguel Giráldez, Concelleiro do BNG en Oia, ten como hábito gravar en vídeo as sesións plenarias, co obxectivo de poñela a disposición da veciñanza através das redes sociais e do seu blog (http://miguelgiraldez.info/ ).
No último pleno, Alejandro Rodríguez, mostrando unha actitude agresiva dirixiuse no inicio do pleno ao lugar ocupado por Miguel Giráldez, coa intención de cortar a gravación. O concelleiro do BNG tentou protexer a cámara de vídeo de calquera dano físico provocado polo Alcalde, nunha acción deplorable constará para sempre na acta oficial da sesión plenaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario