5 de ago. de 2011

A GUARDA

JORGE RODRÍGUEZ VICENTE, UN REMEIRO XUVENIL QUE TRUNFOU EN OTTENSHEIM (AUSTRIA) COA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE REMO






Jorge Rodríguez Vicente, remeiro guardés que escomenzou súa andaina deportiva no Club de Remo Robaleira, de A Guarda









Infogauda / A Guarda








Ten 18 anos e leva practicando o remo dende os 13. Escomenzou no Club de Remo Robaleira, de A Guarda. Ven de rematar segundo de Bacharelato no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, onde o longo do ano estuda e adestra. Chámase Jorge Rodríguez Vicente. Fai uns días, logo de participar coa Selección Española de Remo, en Ottensheim (Austria), na XXVIIª Coupe de la Jeunesse (Copa da Xuventude), que se disputou do 29 o 31 do pasado mes de xullo, voltou á casa con catro medallas (unha de ouro e tres de prata). Con el mantivo Infogauda á seguinte entrevista:
Cómo foi que chegaste a participar na Regata da Xuventude en Ottensheim?



- A regata da Copa da Xuventude é unha das probas nas que participa a Selección Española de Remo.
Onde tiveron lugar os adestramentos previos á devandita regata?
- No Campionato de España disputado en Sevilla a finais de xuño, seleccionaron a unha serie de persoas da miña edade para representar a España no Mundial ou una Copa da Xuventude. Despois disto viaxamos ata Banyoles (Girona) para preparar as dúas competicions durante todo o mes de xullo.
Cómo se desenvolveu á competición?
- Os días de competición asumíronse con moitas ganas por parte do equipo, xa que todos tíñamos moitas ganas de facerlle fronte os demais países.
Cales foron os vosos rivais máis inmediatos?
- Gran Bretaña, todos eran moi grandes.
Cómo te sintes logo dos trunfos acadados na Regata da Xuventude?
- Síntome moi contento xa que non tódolos días se gaña unha medalla nunha competición internacional.
Qué sensacións tiveches cando chegaste a A Guarda con catro medallas?
- Feliz de chegar a casa despois de estar 5 semanas fora.
Coidas que o deporte do remo está tendo na Guarda á acollida que merece?
- Na Guarda sí que ten boa acollida, pero despois é un deporte que ten pouca fama no resto de España.
A partires de agora, qué previsións e qué compromisos deportivos tes?
- Previsión ningunha, descansar un par de semanas para despois comenzar a preparar a temporada seguinte.
Que lles dirías os xóvenes para anima-los á práctica do remo?
- Que é un deporte moi bonito, no que viaxas e coñeces moita xente de distintos lugares
Qué máis engadirías?
- Nada máis que engadir, un saúdo e gracias pola entrevista.



Gracias a tí, campeón.

2 comentarios: