5 de ago. de 2011

A GUARDA

Proposta para a posta en marcha da “Eurocidade Caminha- A Guarda”.

A nosa comarca galaico-portuguesa das “Terras Miñotas” presenta unhas graves carencias nos sistemas de comunicación e transporte como son: o obsoleto tren entre Porto e Vigo, imposición de peaxes ás autoestradas no norte de Portugal, e outros problemas igual de graves,... Cantos máis atrancos ás nosas vías de comunicación, ás nosas industrias e comercios,... así todos somos menos competitivos, e isto supón máis desemprego,... Para A Guarda e Camiña é esencial o Ferry que xunta as dúas vilas, pero vemos que certo abandono administrativo podería leva-lo ó seu peche, dende Converxencia Galega queremos tratar de explorar solucións que eviten o peche do Ferry.

Para nós o máis grave foi descobrir que no Plan de Cooperación Transfronteriza España-Portugal para o 2.007 – 2.013, os maiores beneficiarios forón institucións que non están na fronteira, mentrás que para os nosos Concellos, Cámaras Municipais e outras institucións locais só chegaron unhas migallas. En conlusión o diñeiro que aporta a Unión Europea para favorece-las zonas fronteirizas, a maior parte destes recursos monetarios é investido en lugares afastados de nós, ou sexa, outros estánse a proveitar duns recursos que son para nós.

Así no 1º Plan Transfronteirizo temos algúns dos moitos beneficiarios que non están na raia.

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Universidad de Vigo, Confedereción de Empresarios de Pontevedra, Secretaria Xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Diputación de Pontevedra.

Concellos do Baixo Miño = 0€. Mancomunidade Municipal do Baixo Miño = 0€.

As Cámaras de Moncao, Melgaco, Valenca, Paredes de Coura, Vilanova de Cerveira e Uniminho.

Soamentes 2.047.000€ chegaron de xeito directo ás Terras Miñotas, a inmensa maioria perdese por ahí,... Todo isto dun total de +129 millóns de €. Os Concellos do Baixo Miño tivemos unha cantidade fácil de memorizar, = 0€.

Así no 2º Plan Transfronteirizo temos algúns dos moitos beneficiarios que non están na raia.

Os Concellos de Sarria, Barco de Valdeorras = 228.800€, Confederación de Empresarios de Lugo, Concello de Lugo, Diputación de Pontevedra.

Mancomunidade Municipal do Baixo Miño = 0€.

Si reciben os Concellos de Ponteareas, Cámara de Moncao, Melgaco, Valenca, Paredes de Coura, Caminha, Viana do Castelo.

Vemos que as Cámaras Municipaís do Alto Miño sempre logran acadar algo destes fondos. Pensamos que un modelo a seguir para acadar unha posible solución para manter operativo ó Ferry entre Camiña e A Guarda é o formado por Verín e Chaves, as dúas cidades xa levan uns anos cun proxecto en común denominado «Eurocidade Chaves - Verín»; este proxecto vai ser financiado con 1.333.000 euros. Entre os proxectos a financiar esta un estudio sobre transporte público común e incrementa-la competitividade de ambos municipios para mellora-la calidade de vida dos seus ciudadans. Poderíamos facer aquí algo similar para o ferry entrre Caminha – A Guarda.
Somos conscientes que iniciar un camiño novo non é doado, pero temos exemplos que podemos seguir, e aproveita-las súas experiencias e coñecimentos para facer máis rápido os nosos primeiros pasos. Para elo temos a “Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas”, o “Centro de Estudios Ibéricos”,... Hai experiencias de outros Concellos raianos dabondo, sin ir máis lonxe temos os nosos veciños eles sempre acadan financiar proxectos. O problema que temos nas Terras Miñotas, é que en pleno século XXI ainda hai gobernantes con ideas do século XX. Temos que tentar actuar dun xeito máiss áctivo para non desperdiciar unhas oportunidades tan boas e xenerosas que están a nosa disposición cós fondos do Plan de Cooperación Transfronteriza España-Portugal para o 2.007 – 2.013,. ) En base a lexislación do Tratado de Amístade e Cooperación do 22 Novembro de 1.977, que consagra o compromiso de España e Portugal de: “conseguir un maior e máis armónico desenrolo económico-social das zonas fronteirizas”. Tratado de Valencia do 3 de Outubro do 2.002, feito entre España e Portugal (BOE 219, do 12 de Setembro do 2.003),

DENDE CONVERXENCIA GALEGA PROPOMOS ó PLENO:

1º) Tratado de Valencia do 3 de Outubro de 2.002, feito entre España e Portugal (BOE 219, do 12 de Setembro do 2.003), sobre cooperacións transfronteriza entre entidades e instancias territoriaís; en base ó seu art 3º, necesitamos dar un desenrolo ó art 5º, 1 nas seus apartados A, B, C e D.
Así tomando como base o art 5º, 2 C ou D è tentar formar cóa Cámara Municipal de Camiña un proxecto de “Eurocidade Camiña – A Guarda”, buscando vías de financiación para solventa-los problemas do Ferri que xunta as dúas vilas miñotas, por ser este o máis urxente; así como aproveitar este proxecto para buscar fondos de financiación para proxectos de solo industrial, melloras nos equipamentos municipaís, de vías de comunicación.

2º) Así tomando como base o art 5º, 2 C ou D do Tratado de Valencia do 3 de Outubro de 2.002, feito entre España e Portugal (BOE 219, do 12 de Setembro do 2.003) è facer unha toma de contactos institucionaís para criar un organismo de cooperación transfronteiriza do que formen parte tódolos Concellos e Cámaras das Terras Miñotas (Alto e Baixo Miño), para crear un Grupo de Traballo estable coa presencia de tódalas entidades muncipaís, pero só os Concellos e Cámaras, nada de entidade administrativas alleas a nós (a experiencia demostra que estas rematan por desviar a maior parte dos fondos lonxe da nosa comunidade territorial); para que fagan estudios e propostas de tal xeito que a maior parte dos fondos de cooperación transfronteiriza beneficien ós nosos Concellos, e non como agora. Pois agora hai institucións que non fronteirizas e aproveitanse deste recursos ante a pasividade ou ignorancia das nosas institucións municipaís.

3º) Encher de contido a Manconunidade Municipal do Baixo Miño; integrala na “Rede Ibérica de Entidades Transfronterizas”. Crear dentro dela un Grupo de Traballo estable que estudie e elabore proxectos a ser financiados polos programas do Plan de Cooperación Transfronteriza España-Portugal.

A Guarda, a 2 de agosto do 2.011





Beatriz Estévez Álvarez Rexistro de Entrada nº 4838 (02-08-2011)



1 comentario:

  1. Bla,bla,bla,bla,con todo o respeto Bea, ésta notica non e digna de unha Concellala da Oposición. Tenemos no pobo problemas graves que hai que denunciar pra que se resolvan e de momento non os dices ou non conven denunciarlos.Debo decirte que C.G. na cal ti eres a sua Concellala elexida está perdendo a meu parecer a credibilidade e ainda estás a tempo a que a xente volva a creer en tí sobre todo, pois o xefe comarcal de C.G. na Vila donde vai que perdéu o Norte,o Sur, o Este e o Oeste, e por suposto a sua credibilidade a perdeú e cada vez o que está gañando son enemigos...
    Con todo respeto e aprecio hacia Tí todo dice Toñito o de Quisqueya

    ResponderEliminar