IEM / Tomiño
Nin a choiva nin a néboa impediron a visita nocturna ao Eco Parque do Monte Tetón o pasado venres. A Xeira comezou sobre as 22 horas na Casa do Consello de Tomiño cunha charla sobre arte Paleolítico a cargo de Eduardo Méndez, director da Sección Arqueolóxica do IEM. Sobre as 23 un grupo dunhas 30 persoas participou dunha percorrida guiada polo propio Eduardo a través dos petróglifos do Tetón. Arte abstracta e figurativa, muíños fixos , coviñas, e outras figuras que compoñen un dos paneis de arte rupestre máis grande do sur galego foron amosadas e contextualizadas polo guía.
Prema aquí para consultar o calendario completo de xeiras do IEM, e aquí para as xeiras "Alén Miñor".
Ningún comentario:
Publicar un comentario