20 de xul. de 2011

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CINES DE AFGANISTAN. RELATOS DE XÉNERO E SOCIEDADE




21 DE XULLO. PROGRAMA 1 ESCENIFICANDO A DEMOCRACIA

UNGEDULDIG / Impaciente
2007 / Alemaña / 28 min / V.O.S.E
Filme coproducido por Media Educational Project Mokala/Basis&Woge e.V.
Ungeduldig é un proxecto documental desenvolvido por un grupo de seis mozos de Afganistán, India, Irán e Serra Leoa, que tentan de aturar unha vida en Hamburgo cun permiso de residencia sen garantía de estado. Como unha persoa pode vivir baixo o temor constante a ser deportada?, preguntan. O “permiso excepcional para permanecer” significa para eles vivir sen traballo, sen apenas acceso á formación e sen saberen como xestionar o seu futuro.
11.000 KM DESDE NOVA YORK
2005 / Tadxiquistan / Dirección: Orzu Sharipov / Cámara: Georgiy Dzalaev / Edición: Muborak Sharipova / 20 min / V.O.S.E.
En novembro de 2001, as duras batallas provocadas polo réxime talibán obrigan a miles de afgáns a buscar refuxio preto da fronteira con Tadxiquistán. Orzu Sharipov documenta a vida cotiá nos campamentos de refuxiados, condicionada pola paisaxe árida da estepa afgá.
25 DARSAD / 25 por cento
2007 / Afganistán / Dirección: Diana Saqeb / Cámara: Malek Shafi’i / Produción: CACA-Kabul / 35 min / V.O.S.E.
Conforme a constitución afgá de 2004, o vinte e cinco por cento do conxunto de membros do parlamento debe estar formado por mulleres. A directora Diana Saqeb revela as estratexias de seis destas mulleres, para conciliaren a vida pública e a privada, mentres fan valer os seus obxectivos políticos nunha sociedade tradicional dominada polo patriarcado.
Máis información:
www.cgac.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario