20 de xul. de 2011

O ROSAL

O BNG denuncia os cortes no servizo ADSL no Rosal e os prexuízos económicos que causan


Reclama a resolución dos problemas técnicos a maior brevidade posible


Alberte Alonso Pereira, Voceiro do Grupo Municipal do BNG no Rosal




Infogauda / O Rosal




O Bloque Nacionalista Galego, a través dun escrito presentado no rexistro de entrada do concello, ven de denunciar os cortes no servizo ADSL no Rosal no mes de xullo.

Segundo o referido escrito, o BNG di que no presente mes de xullo e en diferentes días, o servizo ADSL de MOVISTAR sufriu cortes de varias horas, sobre todo pola mañá. Indican que os prexuízos que implica para os usuarios do mesmo son evidentes e subliñan que ademais causa prexuízos económicos para as empresas, para a propia administración e para as persoas que dependen de realizar trámites diante da administración. A empresa xustifica os cortes por avarías xerais, segundo conversas coa empresa do voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira.

Por último solicitan que o concello requira da empresa MOVISTAR a resolución do problema técnico que poida existir coa maior brevidade posible.

Así mesmo, que as operacións que teña que levar a cabo dita empresa sexan realizadas en horario menos prexudicial para a actividade da administración e empresarial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario