29 de xul. de 2011

PONTEVEDRA







DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS

SÁBADO, 30 DE XULLO DE 2011
-18:30 horas


O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asiste á inauguración das instalacións do Club hípico de Baión.O acto contará coa presenza do presidente da Asociación Equina de Galicia. No Club Hípico de Baión, Vilanova de Arousa.
-19:00 horas

A deputada provincial, Marta Iglesias e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, inauguran as obras de mellora da pista deportiva de Pereiras financiada polo Plan de Investimentos da institución. Na pista deportiva das Pereiras en Mos.

DOMINGO, 31 DE XULLO DE 2011
-14:30 horas

O presidente, Rafael Louzán, asiste ó xantar da XLII Festa do Carneiro ó Espeto. Na Carballeira de Santa Lucía. Moraña.

LUNS, 1 DE AGOSTO DE 2011
-13:00 horas


A deputada, Ana Isabel Vázquez Reboredo, asiste ó acto de presentación da Nova Imaxe Corporativa da praza de Abastos de Pontevedra. Na Praza de Abastos de Pontevedra.
-20:00 horas

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asiste á inauguración da exposición antolóxica do escultor Francisco Asorey, na que tamén estarán presentes o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; o alcalde de Cambados, Luis Aragunde; o comisario da exposición e presidente da Fundación Torrente Ballester, Miguel Fernández Cid; e o delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, entre outras autoridades. No Pazo Torrado de Cambados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario