29 de xul. de 2011

A GUARDA

O GRUPO IMPÁS INAUGURA O VINDEIRO LUNS UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA
Poderá visitarse no Centro Cultural até o 16 de agosto




A pintora Alicia Alonso - sentada, á dereita da imaxe - xunto a varias amigas que forman parte do Grupo Impás



Infogauda / A Guarda



O vindeiro luns día 1 de agosto, ás 20.30 h. no Centro Cultural e Social de A Guarda terá lugar á inauguración da exposición de pintura que presenta o Grupo Impás.


A mostra - que leva por título xenérico Homenaxe o Cinema dos anos 40 - poderá visitarse até o día 16 de agosto, de luns a sábados, en horario de 10:00 á 13:00 h. e de 18:30 á 21:30 h..


O longo da Semana das Festas do Monte Santa Trega, á exposición estará aberta até ás 24:00 h.


Na exposición participan: Pilar López, Charo Trigo, Isabel Antón, Mari Otero, Loreto Guerreiro, Sergio Santiago, Carmen Pereiro, Carmen Baz, Carmen María Rodriguez, Ignacio Martínez, Adrián Iglesias, Sara Vicente, Fini Mauri e Nati Alonso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario