21 de xul. de 2011

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E MICROBANK ASINAN UN CONVENIO POR UNHA CUANTÍA DE UN MILLÓN DE EUROS PARA INCENTIVAR A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA CON MICROCRÉDITOS SIN AVAIS




As concesións basearánse na viabilidade do proxecto, terán un importe máximo de 25.000 euros e serán para compañías de menos de 10 traballadores e unha facturación anual inferior a 500.000 euros







O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director comercial de Microbank-La Caixa, Ramón Gatell, asinaron hoxe un convenio para facilitar microcréditos a emprendedores. A cantidade que se destinará para financiar proxectos a pequenos empresarios con proxectos de autoemprego, sen necesidade de avales e só cun proxecto de viabilidade empresarial, será de 1 millón de euros.
As condicións económicas dos microcréditos son:
· Concesión dun importe máximo de 25.000€
· Beneficiarios: persoa física ou microempresa con menos de 10 traballadores e unha facturación anual inferior a 500.000€.
· Prazos: 60 meses (5 anos) incluídos 6 meses de carencia opcional. Tipo de interese: ata o 31/12/2011: 7,75%
· Sen garantías reais, nin aval, excepto si o titular é persoa xurídica.
· Requisito: aportar un plan de empresa favorable de viabilidade. O criterio de concesión atende fundamentalmente á confianza na persoa solicitante e na viabilidade da empresa, podendo acceder a eles persoas sen garantías e sen avais.
A Deputación, a través da súa Oficiña de Promoción do Emprego, encargarase de detectar as necesidades de financiación e dos colectivos con este tipo de necesidades; facilitar os servizos de apoio e asesoramento empresarial; analizar a viabilidade dos proxectos; e de dirixir ós emprendedores á entidade financeira.
Esta acción alía á Deputación e Microbank para potenciar o autoemprego e incentivar a actividade emprendedora e a igualdade de oportunidades.
1.378 préstamos na provincia de Microbank
Según explicou Louzán, a Deputación ten o , elaborado polo Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, no que se establece que .
O obxectivo dese plan é .
O convenio asinado hoxe con Microbank quere financiar a consolidación ou ampliación de microempresas, negocios de autónomos e proxectos de autoemprego para contribuír ó tecido produtivo e á creación de emprego.
Microbank é a entidade financeira que máis recursos destina a proxectos de autoemprego. Na provincia de Pontevedra leva concedidos 1.378 préstamos por importe de 11 millóns de €). Según explicou Gatell, na UE hai 21 de empresas, de entre 1 e 10 empregados, que precisan dun tipo de accións como as hoxe asinadas coa Deputación.
Obradoiros da Deputación e 324 personas contratadas
Louzán, pola súa banda, congratulouse da concrección deste acordo de colaboración _, dixo_ e non descartou establecer convenios similares con outras entidades financieiras para reactivar a economía e o emprego , afirmou.
O presidente da Deputación conclueu afirmando que
O Servizo de Intermediación Laboral da entidade provincial acadou, pola súa banda, a contratación de 324 persoas, formadas nos diversos plans do proxecto Aquelando II, nun total de 128 empresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario