21 de xul. de 2011

OIA



O Alcalde de Oia tentou impedir a gravación do pleno extraordinario no que se aprobaron os salarios do goberno municipal




A Agrupación Local do BNG considera inadmisible esta actitude agresiva e anti-democrática, que atenta ademais contra a Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réximen Local




Infogauda / Oia



A Agrupación local do BNG de Oia denuncia a actitude agresiva e antidemocrática demostrada polo Alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez, ao tentar impedir a gravación do pleno extraordinario no que se aprobaron os salarios do goberno municipal.
Como ven sendo habitual desde esta nova lexislatura, Miguel Giráldez, Concelleiro do BNG en Oia, mostrou a súa intención de gravar en vídeo a sesión plenaria, co obxectivo de poñela a disposición da veciñanza através das redes sociais e do seu blog miguelgiraldez.info

Mostrando unha actitude agresiva, Alejandro Rodríguez dirixiuse no inicio do pleno ao lugar ocupado por Miguel Giráldez, coa intención de cortar a gravación. O concelleiro do BNG tentou protexer a cámara de vídeo de calquera dano físico provocado polo Alcalde, nunha acción deplorable constará para sempre na acta oficial da sesión plenaria.

En vista dos feitos, o BNG de Oia convida a Alejandro Rodríguez a serenarse e a cumprir a Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réximen Local que, no artigo 69, expresa que "as Corporacións locais facilitarán a máis ampla información sobre a súa actividade e a participación de todos os cidadáns na vida local" e, no artigo 70, indica que "as sesións do Pleno das corporacións locais son públicas" e polo tanto susceptibles de grabadas e difundidas nos medios de comunicación que se consideren oportunos.

“O feito que motiva estas gravacións é que o goberno do PP non quere os veciños e veciñas que así o desexen poidan asistir ós plenos da corporación. O formula que utiliza o PP para limitar a participación cidadán nos órganos municipais son os horarios totalmente incompatibles para a maioría dos traballadores e traballadoras”, apunta Miguel Giráldez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario