14 de xul. de 2011

O ROSAL

EXPOSICIÓN DE APPLIQUÉ DE SUSI VANBEK


Foto: Infogauda



DO 15 Ó 25 DE XULLO, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DA CÁMARA AGRARIA DO ROSAL




Infogauda / O Rosal



Desde este venres até o día 25 deste mes, Susi Vanbeck expón na sala de exposicións da Cámara Agraria do Rosal, cadros de aplicacións en tela.



Esta británica, afincada desde fai algúns anos en San Miguel (O Rosal), inspírase en Picasso, nas verdes colinas do suroeste de Gran Bretaña, en África, no Camiño de Santiago, e agora tamén no Val do Rosal, para executar unha obra excelsa en telas de vivas coores.




HORARIOS:
De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas
Sábados e domingos: de 11:00 a 13:00 e de 20:00 a 22:00 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario