14 de xul. de 2011

A GUARDA

A PELEXA POLOS SALARIOS: PARTE 3



Con respecto á actuación do PP no último pleno. Qué dicir? Estaban?

Nada de propostas, nada de intervencións interesantes, só a portavoz articulou algunha que outra frase sen relevancia, para máis tarde deixarse vapulear polo concelleiro do PSOE con respecto ao seu futuro posto na Deputación, o cal falaba claramente motivado por unha envexa sen límites.
A mencionada edil non tivo a lucidez suficiente como para defenderse de tales palabras "aprendiz de deputada", evidentemente non recordou que quen estaba na sala, o señor Borrajo, no seu día tamén foi un aprendiz de deputado, cargo ao que o edil Español dubido poida algunha vez chegar a acceder, non por falta de poder político, senón por incapacidade, ou polo menos titulación.

Bochornoso o papel do concelleiro do PSOE pero aínda máis inadmisible a falta de resposta da afectada.

Despois oféndense cando facemos chistes sobre loiras, pero é que algunhas valen por moitas, como neste caso.


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario