12 de xul. de 2011

A GUARDA

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL DA GUARDA






O Centro Democrático Liberal da Guarda neste último trimestre, comprendido, dos meses: de abril, maio e xunio veu desenvolvendo unha serie de actividades como foi, a celebración do Día das Letras Galegas coa plataforma Queremos Galego do Baixo Miño, e presentación de mocións no concello da Guarda como son: Os recortes do concello chegan ata o benestar do cidadán, onde se pedía que na rúa Mariano Ordónez que se dotasen 1,80 cm como viña especificado no proxecto da obra, dita obra foi feita polo Deputación, pedir copia do proxecto da obra que tamén esta a facer a Deputación de Pontevedra da rúa Vicente Sobrino, onde a día de hoxe, aínda non temos resposta a este escrito por parte do concello como é tarefa habitual deste equipo de goberno.




Pedimos máis seguridade nos areais do noso concello coa ampliación do balizado das praias, máis casetas de socorristas, baños públicos, zodiacs, etc., para con todas estas medidas lograr que o ano próximo nos nosos areais luzas máis ensíneas de calidade, como son as bandeiras azuis, melloras na zona da Atalaia.




Tamén pedimos que se limpase o paseo fluvial que vai dende a Armona ata o Camping, que se desbrozase a maleza ata os bordes do río para que así os nosos conveciños e turistas poderen desta maneira gozar dos marxes do pai Miño. Para nos, e grato informaros que nos fixeron caso a esta moción e un logro do CDL – A Guarda como tamén e un logro que puxeran uns paneis informativos, onde o cidadán puidera informarse das actividades que se levan a cabo dende o concello.




(FOTO SACADA O DOMINGO 03 DE XULIO DO 2011 COMO RESULTADO DA MOCIÓN PRESENTADA NO CONCELLO DA GUARDA NO 08 DE XUNIO 2011 CO NÚMERO DE ENTRADA 3482)
Suxerimos a o concello que mellorase a Radio Municipal con un programa de noticias locais ou ben comarcais como fae a Radio Municipal de Tui.
Aínda queda moito por facer neste próximo trimestre que comprende os meses de: xulio, agosto e setembro onde o Centro Democrático Liberal da Guarda xa está traballando no planig de este trimestre, onde podemos destacar que van a proceder a facer vídeos das mocións que se presente. Para pode-las colgar no canal de YouTube que ten.
En clave do partido a nivel autonómico do CDL – Galicia cabe destacar que o Presidente Federal, D. Jose Manuel Rodrígez Palacin desta entrou a formar parte do Comité Executivo Nacional. E en clave provincial da Provincia de Pontevedra temos a noticia de que o Presidente Local do CDL – A Guarda, Xermán Cordero Verde entrou a formar parte da Directiva Provincial.

SEGUIREMOS TRABALLANDO POR VOS E PARA VOS.

Xermán Cordero Verde
Presidente e voceiro Municipal do CDL – A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario