12 de xul. de 2011

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA NO CONCELLO DE A GUARDA CUESTIONA O "AFORRO" ENÉRXETICO QUE ALGÚNS QUEREN "VENDERLLE" Á CIDADANÍA



1ª PROBA DO SUPOSTO "AFORRO" ENERXÉTICO: DOMINGO DÍA 10 DE XULLO, ÁS 12:00 H., A RÚA TRANSVERSAL BOUZÓ CO ALUMEADO ACESO




Despois de que levamos varios días escoitando e leendo nos medios de comunicación que a laboura desenrrolada por algún dos concelleiros con dedicación parcial, ten feito que o noso pobo aforrasen unha porrada de cartos, xa que a súa eficacia estaba fora de toda dúbida.

Na limpeza, na auga, na enerxía eléctrica, etc., un auténtico “fakir” nas finanzas e no aforro, case para decir que sin él o noso concello estaba arruinado, e que gracias o seu exemplo había cartos para pagarlle os proveedores. (Para pagarlles a trinta días, xa que a maioría, cobran cando cadra, a 90 ou 120 con sorte).



2ª PROBA DO SUPOSTO "AFORRO" ENERXÉTICO: ESTA VEZ NA RÚA REPÚBLICA DOMINICANA



Din que a realidade é distinta e moitas veces faise moi terca, derribando castelos e demostrado o contrario do resultado do producto que nos queren vender.
Tendo en conta que unha imaxe vale máis que mil palabras, e para que se poida comprobar que unha cousa é semear e outra dar trigo, dende CONVERXENCIA GALEGA, imos aportar unhas imáxenes obtidas o domingo día 10 as 12 do mediodía, tamén debemos resaltar, que cada unha das fotografías foron tomadas en rúas diferentes.
3ª PROBA DO "AFORRO" ENÉRXETICO: DESTA VOLTA NA RÚA RAMÓN SOBRINO
Creemos que sobran as palabras, resaltar que atopar estas imaxes foi froito da casualidade, pero que seguramente noutros puntos da nosa localidade, estaba acontecendo algo similar, polo que o derroche (en épocas de crise ainda se nota máis) sigue sendo unha realidade na maioría dos servicios públicos, e iso non se pode esconder con grandes e elocuentes discursos.

A Guarda, a 12 de xullo de 2.011


Correo electrónico: convergenciagalegaaguarda@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario