21 de xul. de 2011

A GUARDA

A PELEXA POLOS SALARIOS: DERRADEIRA PARTE




Respondendo a algunhas cuestións que se comentaron hoxe pola mañá nun café local entre café con leite en vaso e outros similares, dicir que....
Non crean que me esquecín de falar da actuación de CG no último pleno, é que ocorren con respecto a este partido político dúas cousas:
Primeiro que a concelleira está do mesmo xeito que o seu logotipo, un pouco verde, polo menos no que a participación activa en política refírese, polo que lle estOu dando un pouco de marxen.
En segundo lugar, é a única portavoz nova na corporación municipal, motivo polo cal lle corresponden os seus 100 días de graza, despois veremos.
Aclarar iso si que a súa proposta económica en canto a salarios, pareceume un pouco baixa, para subir hai tempo, pero claro tamén hai que darse conta de que para o que fan algúns, o pouco é demasiado.
Nuns días creo que haberá outro pleno, veremos como actúa cada un e qué propón. Seguirán sen salarios?



ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario