LOUZÁN E VALVERDE ACORDAN COMPLEMENTAR AS OBRAS DE MELLORA DA PRAZA DE SAN ROQUE NAS QUE A DEPUTACIÓN INVISTE 99.580 €
O titular da Deputación anuncia obras de mellora na estrada de Camos a San Roque

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou hoxe o municipio de Nigrán onde foi recibido polo novo alcalde Alberto Valverde. Ambos dirixentes mantiveron unha xuntanza na que abordaron diversas cuestións de interese para o municipio como o estado de execución das obras do Plan de Investimentos (PID); a necesidade de parques infantís, aparcadoiros, etc.
Trala xuntanza de traballo, o titular da administración provincial visitou a praza pública de San Roque en Camos, na que a Deputación inviste 99.580,46 euros do PID. Louzán e o rexedor municipal acordaron executar diversas obras complementarias neste espazo público para que quede perfectamente rematado. A videira semana, os técnicos desplazaranse ata o lugar para facer as supervisións pertinentes.
A maiores, Rafael Louzán, informou ó alcalde, Alberto Valverde que próximamente a entidade provincial ten previsto abordar e concluír as obras de mellora da estrada de Camos a San Roque.
Compre recordar que a dotación estipulada pola entidade provincial para Nigrán a través do Plan de Investimentos ascende a 1.101.603 euros. Con esta contía, estanse a executar sete grandes proxectos no municipio como son a pavimentación de viais ou o acondicionamento de prazas públicas, entre outras actuacións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario