26 de xuño de 2011

A GUARDA

CELEBRACIÓN DO SANTÍSIMO SACRAMENTO

Unha fermosa obra na Praza do Reló, recuperou á tradición alfombrista nese encrave




Infogauda / A Guarda




Logo de varios días e mesmos semanas de traballo, na mañá deste domingo día 26 de xuño, varias rúas da vila de A Guarda loceron unha fermosa obra colectiva veciñal, configurando alfombras frorais como ofrenda o Santísimo Sacramento. Desde a Praza do Reló, que con un novo tapete froral, perfectamente elabourado, recuperou - logo de uns anos sen que os veciños fixesen alfombra nese lugar - seu esplendor de antano, ata a intersección coas rúas Enrique María Sesto e Brasilino Álvarez Sobrino, foi unha sucesión de arrecendo, beleza, coorido,..., que xerou ringleiras de visitantes tanto nas primeiras horas do domingo como ó longo da mañá, que premiaron coa súa presenza e cos seus xustificados eloxios, o traballo dos veciños. E iso que un ano máis, e van xa uns cantos, o concello de A Guarda non tivo a ben espallar coa debida antelación uns carteis convidando á presenciar as alfombras de flores e de sal que xa son unha tradición e que ben merecen seren ademiradas. E iso sábenno ben moitas persoas chegadas de moi diversas procedencias que viñeron até A Guarda para vivir cos guardeses o Corpus mariñeiro.

A procesión - que contou con moita participación, tanto de persoas adultas como de nenas/os que fixeron súa Primeira Comuñón -, tivo como colofón a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, que o longo do percorrido procesión foi interpretando música sacra, e diante dos altares - ubicados na Praza do Reló, na Ribeira, diante do antigo convento das Bieitas e na rúa Concepción Arenal -, logo de cadansúas actuacións do Coro Parroquial, dirixido por Felicidad Martínez Vicente, soaron as notas musicais do Himno Galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario