CURSILLO DE VERÁN DO CLUB DE REMO ROBALEIRA
O Clube de Remo Robaleira impartirá este ano o seu, xa coñecido, cursillo de verán de Iniciación ó remo. Despóis de non poder faelo o ano pasado por motivos de competición (a Traíña) este ano volverase a impartir.
O curso comeza o luns 4 de Xullo e impartirase nas instalacións do clube, o final do paseo o lado da Atalaia os luns, mércores e venres a nenas/os a partires dos 10 anos de 11:00 a 13:00 e rematará a 1º semana de Agosto. Se tes máis anos e estás interesado achégate ata as nosas instalacions e infórmate sen compromiso. O equipo deportivo afronta este cursillo con moitas gañas despois da boa tempada da canteira neste 2011 e planifica o cursillo coa intención de atraer unha gran cantidade de xente nova e poder sair o porto canto antes cos nosos deportistas, os cales colaborarán na impartición do cursillo.
A inscripción o cursillo e totalmente gratuita e sen ningun tipo de gasto.
Ven a probar este deporte, coñece o noso clube, e pásao ben no teu tempo de lecer!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario