Conversando con outros mosquitos sobre a caótica realidade do tráfico da Guarda, recordei algunhas cousas interesantes dos programas electorais do PSOE 2007 e 2011, que desexo compartir convosco.
No 2007 o PSOE dicíanos que o noso pobo precisaba na área de tráfico, tres cuestións importantes, e que por iso levaban no seu plan, a promesa electoral de que se gañaban íanas a solucionar. Estas eran:
- Plan de tráfico urbano e sinalización adecuada.
- Aparcadoiros públicos
- Saída sur do porto da Guarda, entre Fernández Albor e Circunvalación.
As tres promesas foron moi boas, mágoa que quedaron só niso, en promesas. Cando lemos o plan de promesas para o 2011, aclárannos en primeiro lugar que o plan anterior xa está cumprido en gran medida e que só faltan un puñado de obxectivos a cumprir. Na área de tráfico en particular, observamos que novamente nos prometen que van traballar por:
- Dobre sentido na saída sur do porto
- Habilitar aparcadoiros públicos
- Mellorar a sinalización
- Incrementar as zonas azuis
- Mellorar a seguridade viaria
A min sóame a máis do mesmo. Pero o "plan de tráfico" non está, deberá significar que xa está conseguido. NON é así mosquitos, o PLAN DE TRÁFICO NON EXISTE AÍNDA.
Pregunto, a ver se alguén me informa:
Se tivemos durante catro anos un señor concelleiro con soldo todos os meses dedicado á concellaría de tráfico, e das únicas cousas que prometeran durante a campaña non cumpriron ningunha, para que o tivemos e pagámoslle?
E encima agora, volverémolo a contratar para que cobrando outra vez, díganos que vai facer o mesmo...ou sexa nada novamente.
Se fose un empregado da vosa empresa volveríalo a contratar?
No único sitio onde a ineptitude e o non facer nada parece que se premia, é no noso concello e con este tipo de goberno.
O plan de tráfico debe seguir en estudo como di o concelleiro a cargo desde fai xa catro anos cada vez que se lle pregunta sobre o tema. O plan ditoso xa debe estar por graduarse ou ter un doutoramento logo de tanto estudo.
O certo é que, a saída sur do porto é unha risa, sobre todo porque acaban de terminala e agora prometen facela de dobre sentido, máis diñeiro noso gastado en chapuzas.
O certo é que, aparcar na Guarda é cada vez máis difícil, algo así como a procura do tesouro. Senón que llo pregunten aos comerciantes que cada vez teñen menos clientes por este tema.
Finalmente dúas frases para pensar:
Ninguén ofrece tanto como o que non vai cumprir. Francisco de Quevedo
O embustero é un almacén de promesas e de escusas.
Proverbio persa
ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

Estoú de acordo co que se dice, reitero unha vez máis que pra os nosos gobernantes a Seguridad Viaria da nosa Vila NADA lles importa. A Guarda ten moitos problemas graves que os feitos o demostran que non sea han solucionado e non hai voluntade de facelo.
ResponderEliminar- Zoas 30 en rúas donde a circulación está sendo máis alta da permitida.
- Mellora da Circunvalación que bordea ao Monte.
- Mellora en moitas cousas das ruas que cruzan o centro da Vila ( C-552).
- Resolver os graves e perigrosos problemas que temos na Av. de Portugal , na Zoa da Sangriña. Tamén na rúa que vai a O Pasaxe. E tamén os problemas da Rúa Rosalía de Castro.
- A aplicación de sancións xustas pra todos os que incumpren as Normas de Circulación, sin favoritismos pra naide, sexa que sexa.
Se necesitaría un bolentín de a lo menos 36 follas pra explicar con fotos e explicacións dos Graves Problemas de Seguridad Viaria que ten ésta Vila.
O dí Toñito Uris,veciño e coulaborador de Stop Accidentes.