16 de maio de 2011

TOMIÑO

"TOMIÑO DECIDE", ESPECIAL ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011 DE RADIO MOCIDADE



Con motivo da campaña electoral que está tendo lugar no noso concello, Radio Mocidade inclúe na súa programación, un especial Eleccións Municipais 2011, chamado “Tomiño Decide”, espazo no que se emitirán as entrevistas realizadas aos catro candidatos das diferentes formacións políticas que optan a Alcaldía de Tomiño.
As preguntas foron as mesmas para todos os candidatos, e se gravaron de forma conxunta antes do comezo da campaña. A primeira delas, realizada ao candidato polo PSdeG-PSOE, Santiago Vergara, foi emitida o pasado día 8 de Maio; o mércores 11, o turno foi para Roberto Martínez, candidato a alcaldía polo Partido Popular. Estes dous programas xa se poden escoitar na sección de “radio á carta” na nosa web:
www.radiomocidade.net.
O pasado venres día 13, emitimos a entrevista coa actual alcaldesa de Tomiño, Sandra González, candidata polo BNG, e José Antonio Souto do CDL.
O equipo dos servizos informativos de Radio Mocidade, composto neste caso por Ioshu Álvarez, Marcos Casaleiro, Marcos Besada e Suso Pando, está a traballar na realización dun debate conxunto entre tódolos candidatos, pero a día de hoxe, aínda nos queda por confirmar a asistencia dalgúns dos candidatos. As posibles datas de emisión serían 18,19,ou 20 de Maio, en horario de tarde.
Toda esta información, xunto coa do resto de espazos que compoñen a nosa programación están a vosa disposición na nosa web.

Ningún comentario:

Publicar un comentario