16 de maio de 2011

PADRÓN

3 TEIXUGOS NA FINAL DA 3ª COPA DE ESPAÑA DE SLALOM OLÍMPICO CELEBRADA EN PADRÓN

Informa (Fotografías e texto): Rosa Fernández


A pasada fin de semana celebrouse na localidade de Padrón, no río Ulla, a terceira competición da VI Liga de Slálom Olímpico ”División de Honor”. Organizada pola Federación Galega contou coa participación de 200 piragüistas pertencentes a 22 clubs de toda España e tamén da veciña Portugal.
O sábado celebráronse as clasificatorias, o forte vento que soprou ao longo de todo día movía as portas e dificultaba a realización do circuíto e onte domingo celebráronse semifinais e finais.

O nivel dos participantes foi moi alto, e coma xa é habitual, vascos e cataláns xunto cos portugueses coparon os primeiros postos.
Tres Teixugos: Andrea González, Adrián Rodríguez e Guillermo Martínez entraron nas finais de K1 Cadete Feminino, K1 Cadete Masculino e K1 Xuvenil Masculino respectivamente.
As dúas anteriores competicións da Copa de España celebráronse na localidade francesa de Pau e na catalá de Fraga. O club tomiñés tamén meteu a varios padexeiros nas finais
Queda patente nos resultados a falta de apoio e infraestruturas que este fermoso deporte ten na nosa Comunidade, aínda que ano a ano os clubs galegos vanse superando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario