A DEPUTACIÓN CONVOCA A X EDICIÓN DO CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS
A Deputación provincial de Ourense ven de convocar a X edición do seu Certame internacional de Artes Plásticas para artistas menores de 30 anos, cunha dotación de 14.000 euros en premios. Poderanse presentar traballos ate o día 31 de maio.Este certame naceu coa filosofía de por en valor o traballo dos artistas máis emerxentes e darlle o impulso necesario, nun marco global, polo que está aberto a calqueira tipo de expresión artística así como á procedencia do traballo ou do creador.
Cunha media de 200 traballos cada ano, o Centro Cultural da Deputación, que xestiona a intendnecia deste certame, leva recollido duas mil obras de creadores das diferentes comunidades autónomas españolas e de paises como Portugal, México, Arxentina ou Polonia.
O ganador do certame recibirá 6.000 euros, por 4.000 para o segundo premio e 2.000 para o terceiro. Ademais, hai dous accésits, de 1.000 euros cada un.O proxecto complétase cunha selección de obra e unha exposición tanto dos premiados como da obra seleccionada.
O presidente da Deputación saliuentou o compromiso da institución cos novos creadores e a aposta realizada nestes últimos dez anos, valorando o certame como “un proxecto consolidade e recoñecido públicamente”.
O director do Centro Cultural insistíu na vocación global deste certame, o seu rigor e a súa profesionalidade. Bases do certame en: http://www.centroculturaldeourense.com/menu/menu-contenido.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario