5 de maio de 2011

O ROSAL

A ANDAINA DE MAIO DO PROGRAMA “O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLLO” APRÁZASE ATA O SÁBADO DÍA 14
Aula de Natureza, no Muiño das Aceñas (O Rosal)
Foto: Infogauda


Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal


A andaina de maio correspondente ao programa “O Rosal. Coñece o teu concello” que debería celebrarse este sábado, aprázase por previsión de mal tempo, ao seguinte, día 14.
Tamén por petición da maioría dos participantes, o horario seguirá sendo o mesmo que nas anteriores etapas (15:30 h).
Polo tanto sairase a esa hora dende a Praza do Calvario para visitar –entre outras- a Aula da Natureza das Aceñas, a ponte vella do Tamuxe e a capela de San Gregorio, en Pías.
Para apuntarse ou solicitar máis información poden dirixirse ao Departamento de Cultura e Turismo, no teléfono 986 62 50 00 ou ben no correo
turismo@concellodorosal.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario