O ROSAL SOFRE DOUS NOVOS ROUBOS DE CABLE DE COBRE
O Concello do Rosal informa que a noite do martes 3 de maio tiveron lugar dous novos roubos no termo municipal. O primeiro destes lamentables feitos ocorreu por enésima vez na parroquia de San Bartolomeu das Eiras, onde os amigos do alleo apropiáronse de 350 metros de cable, tanto de alumeado público como de tendido telefónico.
Nesta ocasión os ladróns tamén se fixeron con 400 metros de cable de alumeado público na zona da Barrosa, xuradía de Novás, na parroquia de Santa Mariña.
A valoración estimada da reposición do material sustraído elévase aos 5.200 euros, presentándose a correspondente denuncia ante a Garda Civil, que xa se atopa investigando estas deplorables accións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario