8 de maio de 2011

VILAGARCÍA E A ESTRADA

LEO BASSI ACTUARÁ EN VILAGARCÍA E NA ESTRADA

Leo Bassi volve de xira por Galicia a vindeira semana con novas propostas

- O Venres, día 13 de maio estará en Vilagarcía e o Sábado día 14 na Estrada




Jéssica Beiroa / Galicia




Vilagarcía, con “Utopía” e A Estrada, onde fará un espectáculo único onde se “queimará o herexe Leo Bassi, son as localidades nas que poderemos gozar deste grande artista. Da man de Culturactiva, volve ao noso país “o último bufón”, como el se define, os días 13 e 14 de maio.
Así, o venres 13 de maio, no auditorio de Vilagarcía, Leo Bassi deslumbrará o público co seu espectáculo “Utopía”. Será ás nove do serán cando esta orixinal proposta, poética, reflexiva, impecable na montaxe e cun humor fiado de xeito maxistral chegue a terras arousanas. As entradas xa se poden mercar en Servinova.


Na xornada seguinte é a quenda da Estrada. Sen sair da provincia de Pontevedra, o xenial artista italoamericano desembarca no Rock&Clown onde, a partir das seis da tarde, volverá facer gala do seu impresionante despregue humorístico e onde compartirá tamén cartaz con outro dos grandes do humor a nivel mundial, Jango Edwards.
“A queima do herexe”
Haberá lume na Estrada. Esa é a proposta que o cómico italoamericano creou ex professo para o Rock&Clown. Deste xeito, o “último bufón”, como el se define, achegará á localide unha incrible performance na que se “queimará o herexe Leo Bassi”. Xunto con outro grande do humor a nivel internacional, Jango Edwards, no festival estradense tamén se poderán ver propostas musicais da talla de Dinero, Vinila Von Bismarck, os Jon Deeres ou The soundtrack of our lives, entre outros. As entradas, á venda en Idearock.

Utopía, un fito na carreira de Bassi
O que é seguro é que ¡Utopía! é un espectáculo que sorprenderá o público pola orixinalidade das súas teses políticas, pola frescura das súas ideas escénicas e máis que todo polo seu impacto emocional cheo de positividade e fe na vida. Un espectáculo que marcará un fito na carreira artística do xenial Leo Bassi.

Ningún comentario:

Publicar un comentario