LOUZÁN DÍ QUE O FALLO DO TSXG SOBRE AS OBRAS DA VARIANTE DE LIRA "MOSTRA BEN ÁS CLARAS O XEITO DE PROCEDER DO PSOE: PRIMEIRO DENUNCIA E CALUMNIA E, DESPOIS, CANDO HAI SENTENZA ABSOLUTORIA, NIN DISCULPAS PIDE"
Destaca que queda probada a honorabilidade do conselleiro e a actuación encomiable dos funcionarios da Deputación en defensa do interés público
O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou hoxe que a resolución do TSXG arquivando a querella, relativa ás obras da Variante de Lira (Salvaterra de Miño), interposta polo PSOE contra o actual conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e anterior Director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, Agustín Hernández, e dous funcionarios da institución provincial, . Louzán indicou que . O presidente da Deputación lembrou que o TSXG destaca a actuación dos funcionarios da institución provincial que, según dí o fallo, . Según Louzán, <ó PSOE válelle todo e, nun exemplo máis da miseria moral coa que algúns exercen a política, non dubidou en poñer en tela de xuizo a honorabilidade e profesionalidade de Agustín Hernández e duns funcionarios de traxectoria impecable e exemplar>. O fallo do TSXG ven a ratificar, punto por punto, os plantexamentos xurídicos feitos no seu día pola Deputación de Pontevedra que, dende o primeiro momento, solicitou o arquivo da querella e o sobreseimento dos imputados por non ser a súa actuación constitutiva de delito algún, senón exclusivamente movida pola defensa do interés público. A obra da variante de Lira, incluida no Plan de Cooperación do 2006, foi adxudicada á empresa Sercoysa en 391.864 euros. Inicialmente executaronse obras parciais, desmontes e similares, de xeito que se agotaron a 1ª e 2ª prórrogas establecidas pola UE. Os retrasos nos traballos viñeron derivados da tardanza da Confederación Hidrográfica en conceder permisos para talas de arbres, pasos de auga, etc.. Para non perder os fondos do plan (que ten financiación da UE) certificouse o remate da obra en decembro de 2008 e, nesa mesma data, esixeuse un aval á empresa por valor de 271.393 euros como fianza para responder do remate do traballo. A certificación fora feita por un enxeneiro da Deputación e visada polo entón Director de Infraestuturas. , conclueu Louzán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario