27 de abr. de 2011

OURENSE

DAS SOMBRAS Á LUZ, NO CENTRO CULTURAL





“Ex umbra in solem. Das sombras á luz” é o título da exposición que mañá, xoves, 28 de abril, se inaugurará no Centro Cultural da Deputación ás 20:00 horas, nunha colaboración co Centro San Martín de Restauración do Patrimonio Ourensán.
Trátase dunha mostra na que se recollen diversas pezas da arte relixiosa recuperadas ao longo do último ano polo equipo deste centro de restauración e que proceden de diversas parroquias do rural ourensán.


Son pezas dos séculos XVI, XVII e XVIII moitas delas anónimas, pero tamén hai pezas do Mestre de Sobrado e de Francisco de Castro Canseco, o mellor escultor do barroco ourensán.


As obras proceden de Beade, Corbillón (A Merca), Cudeiro, Garabás (Maside), Laroá (Xinzo), Osmo (Cenlle), Palmés (Ourense), Proente (A Merca), San Eusebio (Coles) e San Miguel do Campo (Nogueira).




Centro Cultural Deputación


28 de abril, xoves


20:00 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario