25 de abr. de 2011

OURENSE

A NOVA POLÍTICA INDUSTRIAL EN OURENSE, A DEBATE NO CENTRO CULTURAL



“Innovación e internacionalización en la política industrial ourensana” é o título do foro de debate que protagonizará o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra Fernández, no Centro Cultural da Deputación.
Este foro terá lugar o vindeiro día 28 de abril (xoves), nunha cea-coloquio que dará comenzo ás 20:30 horas organizada polo Foro La Región.

A actividade enmárcase no programa de debate que o xornal ourensán desenvolve baixo o lema xenérico de OURENSE NUEVA VELOCIDAD e os asistentes poderán trasladar ao conselleiro as preguntas que estimen oportunas. Tamén poden facelo vía mail, a foro@laregion.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario