24 de mar. de 2011

VAL MIÑOR

A DEPUTACIÓN INICIOU HOXE OS TRABALLOS DE PAVIMENTACIÓN DE VIAIS PÚBLICOS EN NIGRÁN CUNHA INVERSIÓN DE 553.508 EUROS


A empresa Covsa comezou as obras nas parroquias de Priegue e Camos




A Deputación Provincial de Pontevedra iniciou hoxe os traballos de acondicionamento e mellora de diferentes viais das parroquias de Nigrán.

As obras, que están a ser acometidas pola empresa COVSA, acométense con cargo a unha partida de 553.508 euros do Plan de Investimentos da Deputación, concretamente, de dúas partidas de 294.557 euros e de 258.951 euros.

O inicio destas obras ten lugar concretamente nas parroquias de Priegue e Camos e posteriormente continuarase mellorando a pavimentación de rúas en Panxón e noutras parroquias de Nigrán.

Melloraranse arredor de 20 viais, na súa maioría en zonas rurais que se atopan moi deteriorados. Para isto instalarase unha nova pavimentación e capa de aglomerado, e no caso das vías que están en peor estado dotarase tamén dunha nova base de zahorra.

No municipio de Nigrán a Deputación está a executar sete obras no período cunha inversión de 1.101.603 euros do Plan de Investimentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario