O BNG DO ROSAL APROBOU A CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS
Alberte Alonso Pereira, Responsábel Local do BNG e candidato á alcaldíaA Asemblea Local do BNG do Rosal aprobou o pasado xoves a candidatura e programa cos que concorrerá ás próximas eleccións municipais.
Infogauda / O Rosal
Infogauda / O Rosal
Os nacionalistas do Rosal xa teñen decidida a equipa de persoas que van integrar a candidatura, así como as liñas mestras do seu programa electoral.
Segundo nos indica Alberte Alonso Pereira, candidato da formación nacionalista, a candidatura está formada por un equipo de homes e mulleres que combina os diversos sectores sociais, pero sobre todo, está integrada por persoas comprometidas co Rosal e capaces de asumir as responsabilidades que lle encomenden os veciños e veciñas.
Así mesmo, os nacionalistas aprobaron as liñas mestras do programa electoral. Alberte Alonso indica que, o BNG do Rosal “non é alleo a realidade socioeconómica actual, e por tanto, unha parte importante do programa fai referencia a propostas encamiñadas a creación de emprego e dinamización económica local”.
Alberte Alonso informou que, tanto a candidatura como as liñas mestras do programa serán presentadas o próximo xoves, día 24 de marzo, ás 20:30 horas no Centro Polivalente do Rosal. No acto contarán coa presenza do deputado galego, Bieito Lobeira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario