FEIRA DE SAN GREGORIO, EN PÍAS (SAN MIGUEL)
OS DÍAS 12 E 13 DE MARZO
Os días 12 e 13 de marzo celebrarase a Feira de San Gregorio, avogado da testa e do bandullo.
O sábado, o Grupo de Gaitas “A Boalleira”, percorrerá as rúas do pobo. Desde ás 17 horas actuarán os “Tarabelos”, espectáculo para todos os nenos con títeres, marionetas e contacontos.
Ás 18.30 horas subirán ao escenario a charanda “Os Tarteiras”, do Rosal, e logo “Os da orde”.
Na cantina poderán degustarse viños das adegas do Rosal acompañados de queixo, chourizos, empanadas e poderá mercarse a saborosa rosca de roxóns.
O domingo voltará o Grupo de Gaitas “A Boalleira”, para percorrer as rúas do pobo, namentras no recinto da feira poderase polbo á feira, durante todo o día.
Ás 12 do mediodía oficiarase a misa solemne con sermón. O remate da eucaristía, sairá a procesión acompañada do Grupo de Gaitas “A Boalleira”.
A partires das 18 horas actuará o grupo de pandereteiras “Tambaluca”, de A Guarda, e ás 19.30 horas actuará o grupo folk “Lembranzas”, de Moaña.
Asemade poderá visitarse a mostra de escultura de Genaro Alonso, unha exposición de tallas de Ignacio Moure, e unha mostra de encaixe de palillos, con palillada in situ. Como en edicións precdentes, haberá unha exposición e venda de antigüidades, e tamén terá lugar a VI Feira de Artesanía.
Colabouran na orgaización destas actividades, a Asociación de Veciños de San Gregorio, a Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario